En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten 5 pacientes ingresados con Covid

Na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai 1.123 casos activos, 39 máis que onte

Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Segue a liña ascendente nas cifras do Covid na provincia, aínda que en menor medida que en días anteriores. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra nesta xornada de 7 de outubro un total de 1.123 casos activos (39 máis que onte), dos cales 72 están hospitalizados (9 están na UCI e 1.051 a seguemento a domicilio), tal como informan dende a Consellería de Sanidade.

No Hospital Público Valdeorras suben 1 os ingresos cun total de 5 en planta por coronavirus, mentres que o Hospital de Verín ten 9 (1 menos que onte) e no Hospital Universitario de Ourense hai 49 ingresos en planta e 9 na UCI. Ademais CO.SA.GA. ten 2 ingresos en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 4.144 con 2.860 curados e 161 falecementos. Polo de agora lévanse realizado 66.436 probas PCR, 969 nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button