En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten 7 ingresos por Covid, un menos que onte

Mantense á tendencia á baixa na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco con 664 casos activos, 25 menos que onte

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

O Hospital Público de Valdeorras rexistra 7 hospitalizacións en planta por Covid (unha menos que onte), segundo a última actualización da Consellería de Sanidade (ás 18h. do 20 de novembro), mentres que o Hospital de Verín sobe a 5 (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 56 (2 menos que onte) en planta e 10 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

Ademais na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco mantense a tendencia á baixa e hoxe nofifícanse 664 casos activos de coronavirus (25 menos que onte), tamén baixan as hospitalizacións en planta con 68 (2 menos que onte)  e 10 (as mesmas que onte) na UCI. Así mesmo apréciase un lixeiro incremento nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 40 (fronte aos 34 de onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.382, con 6.433 curados e 284 falecidos (os tres últimos onte). Polo de agora lévanse realizado 110.719 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button