En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten 7 pacientes ingresados por coronavirus, dos 80 hospitalizados na provincia

O total de casos rexistrados na provincia ata o momento ascende a 386, con 8 altas e 6 falecementos

Exterior do hospital do Barco.

 

Dos 372 casos activos na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, un total de 292 permanecen a seguemento nos seus domicilios e 80 ingresados, segundo os últimos datos achegados dende a Consellería de Sanidade.

No Hospital Universitario de Ourense hai 68 pacientes, dos que 59 están ingresados en planta e 9 en UCI. No Hospital Público de Valdeorras son sete os pacientes en planta e hai catro no Hospital de Verín.

Ademais no CO.SA.GA hai un paciente  ingresado en UCI. “Os 10 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave”, sinala Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 386. Con 8 altas e 6 falecementos, o último era un veciño de 96 anos de Castro Caldelas, moi coñecido na zona.

Dende o Sergas lembran que “aínda que os pacientes illados non poden recibir visitas, si poden recibir ou facer chamadas. Todas as habitacións teñen teléfono fixo tamén gratuíto. Se non saben cal é poden pedir información cando lles informen”.

Ademais infórmase de que as televisións das habitacións están liberadas, é dicir, son gratuítas. “Isto resposta á situación actual de illamento dos pacientes e á impossibilidade de recibir visitas. Estase a facer en tódolos hospitais de Galicia”, indican dende o Sergas.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button