SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten 8 ingresos por Covid, un menos que onte

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Seguen a reducirse as cifras de ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras. Segundo os últimos datos publicados pola Consellería de Sanidade (actualizadas ás 18h. do 19 de novembro), o centro barquense rexistra 8 ingresos en planta, o que supón un menos que onte.

No Hospital de Verín baixa a 3 (a mesma cifra que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 66 (1 menos que onte) en planta e 10 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte).

Ademais, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 720 casos de coronavirus (29 menos que onte) e baixan así mesmo as hospitalizacións en planta con 77 (2 máis que onte)  e 10 (1 menos que onte) na UCI. Ademais apréciase un ascenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 45 (fronte aos 44 de onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.308, con 6.308 curados e 279 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 109.275 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button
Close