En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten ingresados dous pacientes con coronavirus

Ademais trasladouse a outro paciente dende o centro valdeorrés á UCI do Hospital de Ourense, onde está "en situación estable dentro da gravidade", segundo o Sergas

 

Do total de 95 casos activos por coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, 73 permanecen a seguemento a domicilio e 22 están ingresados, segundo vén de informar a Consellería de Sanidade.

En canto ao desglose por hospitais, no Hospital Universitario de Ourense están 16 ingresados en planta, hai 2 tamén en planta no Hospital Público de Valdeorras e un terceiro foi trasladado dende ese centro barquense ao Hospital de Ourense e está na UCI.

“Os dous pacientes ingresados en UCI permanecen en situación estable dentro da gravidade”, segundo Sanidade.

Deste xeito, o total de casos rexistrados de coronavirus na provincia ascende a 96, segundo a última actualización dos datos de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button