Publicidade
En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten un só paciente con Covid-19 ingresado

Dos 82 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 75 permanecen a seguemento a domicilio e 7 están ingresados en planta, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan baixando as cifras de pacientes con coronavirus ingresados na área sanitaria ourensá. Así o Hospital de Valdeorras rexistra, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, un único ingreso en planta (1 menos que onte), mentres que o Hospital de Verín queda libre de virus e no Hospital Universitario de Ourense hai 6 pacientes en planta.

Dos 82 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 75 permanecen a seguemento a domicilio e 7 están ingresados en planta, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.999, con 1.786 curados e 131 falecementos (residencias e hospitais). O total de probas PCR realizadas na provincia é de 20.188.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close