En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras volve rexistrar 1 ingreso por Covid-19

A provincia chega aos 1.830 casos activos de Covid, 91 máis que onte

Publicidade
Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense a curva ascendente do coronavirus na provincia de Ourense. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 1.830 pacientes con infección activa, 91 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 17 de xaneiro. Aínda así, baixan levemente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 110 (fronte aos 148 de onte).

Ademais rexístrase un incremento nos ingresos, con 92 persoas hospitalizados en planta (17 máis que onte) e 6 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte). O Hospital Público de Valdeorras volve contar con 1 ingreso en planta, despois de case unha semana libre de virus; o Hospital de Verín ten 11 ingresos en planta (3 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 79 en planta (13 máis que onte) e 6 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte). A Clínica Santa Teresa queda libre de virus o Centro Médico El Carmen continúa cun ingreso en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 10.535, con 8.385 curados e 320 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 154.790 probas PCR e 72.237 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button