Permite o seguimento dos pacientes, xa que confirma a súa asistencia aos profesionais
O Hospital de Verín instalou “Quenda”, un sistema tecnolóxico de innovación sanitaria para atención aos pacientes, cuxo obxectivo é o seguimento dos mesmos, xa que consiste no rexistro de asistencia á súa cita. Con isto, os profesionais poderán confirmar as citas e asignarlle unha consulta e un turno.
O proceso consiste na introdución da tarxeta sanitaria nun dos “caixeiros” situados no centro, onde se imprimirá un impreso coa quenda e número de sala onde será atendido. Este número estará visible nunha das catorce pantallas instaladas na sala de espera.