SanidadeÚltima hora

O Hospital de Verín rexistra un novo falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid

Fachada do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar esta tarde o falecemento en Galicia neste 14 de agosto de dúas novas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 92 anos que estaba ingresada no Hospital Público de Verín.

Ademais nesta xornada tamén perdía a vida un home de 84 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Estas dúas persoas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button