En portadaÚltima hora

O Hospital do Barco mantén 1 ingreso por Covid, mentres en Verín e Ourense soben os hospitalizados

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Unha xornada máis, continúa o aumento de casos activos de coronavirus na provincia de Ourense e tamén soben as hospitalizacións. Así a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados a 11 de outubro ás 18h.), un total de 1.514 pacientes con infección activa, o que supón 32 máis que onte. Deles 68 están hospitalizados e 11 na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e os 1.446 permanecen a seguimento a domicilio.

O Hospital de Valdeorras continúa cun único paciente ingresado en planta, mentres que o Hospital de Verín sobe ata 11 (1 máis que as cifras da xornada anterior) e o Hospital Universitario de Ourense ten 56 en planta (11 máis que onte) e 10 en UCI. Ademais a Clínica Santa Teresa volve a rexistrar ingresos, cun paciente na UCI.

Ata o de agora a provincia leva 4.818 casos, 3.138 curados e 166 falecidos. Polo de agora, lévanse realizado 72.301 probas PCR, e nas últimas 24 horas veñen de confirmarse 75 casos positivos por PCR.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco mantense á cabeza de casos activos por Covid en Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button