SanidadeÚltima hora

O Hospital Santa María Nai de Ourense estrea servizo de cafetería

Está ubicado na planta baixa do edificio e que vén a substituir ás antigas instalacións
dav

Dende o 3 de setembro o Hospital Santa María Nai de Ourense conta cun novo servizo de cafetería que está ubicado na planta baixa do edificio e que vén a substituir ás antigas instalacións que durante o pasado mes de agosto sufriron un proceso de renovación integral na súa estrutura e deseño “conseguindo uns espazos abertos, cómodos e amables para os usuarios e visitantes do centro sanitario”, segundo se indica dende a EOXI ourensá.

A nova empresa concesionaria do servizo de cafeterías do Hospital Universitario de Ourense acometeu unha reforma integral variando a estrutura interna dos espazos, con zonas ben delimitadas e diferenciadas. A área de atención directa ao público contará ademais con autoservizo ocupando unha superficie de 90 metros cadrados, a zona de comedor abarca 115 metros cadrados e as áreas de traballo e cociña un total 90 metros cadrados.

 

dav

 

A estrutura da zona de comedor ten unha disposición orientada cara aos ventanais o que lle permite aproveitar en todo momento a luz proveniente dos patios interiores das zonas de consultas externas engadindo gran luminosidade ao espazo.

O nova cafetería dará servizo de luns a venres en horario dende as oito da mañá ata as tres e media do serán xa que o edificio ten na actualidade unha actividade asistencial centrada na súa maioría nas consultas externas e a realización de probas diagnósticas, asemade alberga o punto central de citación para consultas, o servizo de documentación clínica e varios departamentos de carácter administrativo propios da EOXI.

Artigos relacionados

Back to top button