SanidadeÚltima hora

O Hospital Universitario de Ourense camiña cara a autosostibilidade enerxética

Coa instalación este domingo dun dispositivo de verquido cero que permitirá a coxeneración enerxética para autoconsumo

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Hospital Universitario de Ourense dará “un paso decidido esta fin de semana para avanzar cara a un hospital autosostible e menos dependente das fontes enerxéticas tradicionais”, coa instalación este domingo dun dispositivo de verquido cero, que permitirá a coxeneración enerxética para autoconsumo, tal e como vén de informar a Consellería de Sanidade.

Este dispositivo debe situarse no punto fronteira, na acometida xeral de media tensión do hospital, de acordo coas especificacións da compañía subministradora, polo que resulta imprescindible o corte da subministración eléctrica da rede xeral para realizar os traballos, cunha duración estimada dunhas oito horas, desde as 9 ás 17 horas.

“Evidentemente o hospital non pode quedar sen electricidade, polo que para esta complexa maniobra será preciso desconectarse da rede eléctrica xeral garantindo a subministración enerxética de todo o centro, mediante os grupos electróxenos propios e outras catro unidades auxiliares de soporte instaladas, no exterior do hospital, para disponer de autonomía eléctrica durante este tempo.
Os grupos electróxenos propios funcionan ante un corte de subministración para garantir a continuidade de áreas como quirófanos, unidades de críticos, urxencias, unidades de hospitalización, e áreas de diagnostico, cociña, esterilización. Ademáis determinados equipos (respiradores, monitores, TIC, etc..) contan con SAI, sistema de alimentación ininterrumpida propios”, indica o Sergas.

O Hospital Universitario de Ourense dispón dun mix enerxético que combina fontes de enerxía solar, de biomasa, de coxeración, ORC de absorción coa finalidade de diversificar as fontes de enerxía primaria, e aumentar a eficiencia enerxética nas instalacións de produción de calor e frio e xeración de enerxía electricidade.

A próxima actuación prevista nesta liña en prol da autosostenibilidade é a instalación dun motor xerador, alimentado a gas natural de 950 kW de potencia eléctrica, para produción de auga quente e electricidade. O traballo do motor converterase en enerxía eléctrica para autoconsumo.

A calor recuperada dos gases de escape servirá para alimentar un sistema de xeración prevista ORC ou ben para a produción de auga quente que se acumulará nun depósito de inercia. A calor total residual previsto aproveitable do motor será de 1007 kWt.

Artigos relacionados

Back to top button