SanidadeÚltima hora

O Hospital Universitario de Ourense mantén dous pacientes con Covid-19 ingresados en planta

Publicidade
Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dos 43 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 41 permanecen a seguemento a domicilio e 2 están ingresado en planta no Hospital Universitario de Ourense, segundo a útima actualización de datos da Consellería de Sanidade.

Os hospitais de Valdeorras e de Verín continúan libres de virus. O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.006, con 1.831 curados e 132 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 21.195 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button