SanidadeÚltima hora

O Hospital Universitario de Ourense refórzase cunha nova unidade de coidados intermedios respiratorios

O seu uso está previsto en pacientes non COVID-19 pero en función do escenario podería dedicarse ao soporte respiratorio de pacientes positivos

 

A partir de mañá mércores o Servizo de Pneumoloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras porá en marcha no Hospital Universitario de Ourense a súa nova Unidade de Coidados Intermedios Respiratorios. Estará na cuarta planta sur do Edificio de Hospitalización e contará con seis camas con monitorización cardiorespiratoria e ventilación non invasiva, que permitirá atender aos pacientes graves con patoloxías respiratorias crónicas ou agudas.

A Unidade de Monitoraxe de Intermedios Respiratoria (UMIR) defínese como unha área de monitoraxe e tratamento de pacientes con insuficiencia respiratoria aguda, ou crónica agudizada, ocasionada por unha enfermidade primariamente respiratoria, onde a monitoraxe e a aplicación de ventilación mecánica non invasiva son as principais opcións terapéuticas.

“Ademais as UMIR permiten a monitoraxe continuada de pacientes con ventilación mecánica, a través de traqueotomía, e o tratamento dos pacientes críticos con dificultade para a retirada da ventilación mecánica invasiva”, segundo o Sergas.

 

 

A data da súa posta en marcha en Ourense “estaba prevista desde hai meses, período no que se realizou a formación do seu persoal, que se amplía con catro enfermeiras máis, polo que pese a complexidade de cumprir os prazos, na actual situación mantívose, xa que suporá unha alternativa ás unidades de críticos, neste intre centradas maioritariamente na atención aos pacientes graves por complicacións da COVID-19, aos que en función das necesidades tamén se poderían atender na UMIR, ben como paso intermedio, ou á súa alta de UCI, antes de pasar a planta”, indica o Sergas.

No actual contexto, a súa posta en marcha permitirá a aliviar a carga asistencial na Unidade de Coidados Intensivos, e sobre todo abre unha alternativa mais de cara a destinar parte das súas camas aos pacientes con diagnóstico COVID-19.

Xunto a elo, o seu carácter como unidade de coidados “intermedios” reforza a oferta asistencial do Servizo de Pneumoloxía, completando o tratamento dos seus pacientes mais severos. Asemade, a ventilación non invasiva tamén é un recurso para pacientes con dificultades de intubación orotraqueal e as súas complicacións.

Unidade de Monitoraxe de Intermedios Respiratoria

As UMIR están deseñadas para atender aos pacientes respiratorios cun nivel de gravidade intermedia entre a UCI e a hospitalización convencional, ao dispoñer dela abrese a posibilidade de que a UCI poida levar a cabo altas máis temperás nos pacientes que superaron a fase aguda da súa enfermidade, pero que aínda requiren coidados médicos ou de enfermería especializados,

“O modelo adoptado en Ourense, dunha UMIR integrada dentro dunha planta de pneumoloxía é o modelo máis habitual no soso entorno, e ofrece a vantaxe da continuidade dos coidados do paciente, facilitando tamén os traslados en función de que os enfermos melloren ou empeoren, así como unha maior flexibilidade e integración do persoal médico, de enfermería, de fisioterapia e auxiliar, ademais dun salto na oferta docente do servizo”, sinala o Sergas.

O perfil de paciente que esperan atender na UMIR de Ourense son persoas con insuficiencia respiratoria aguda, ou crónica descompensada, que precise soporte ventilatorio pero con situación hemodinámica estable; aqueles que non precisen soporte respiratorio pero si unha monitoraxe n non invasiva como paso previo á planta, pacientes procedentes de UCI ou REA que tras estabilizarse aínda requiran soporte ventilatorio, e hemotipsie sen inestabilidade hemodinámica nin fallo respiratorio grave.

 

Artigos relacionados

Back to top button