SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras continúa con 7 pacientes ingresados por Covid-19 e no Hospital de Verín baixan a 4

O total de casos rexistrados na provincia elévase a 1.730, con 317 altas e 106 falecementos, segundo Sanidade

 

Mantéñense as cifras de pacientes ingresados con coronavirus no Hospital Valdeorras, que continúa con 7 ingresos (o mesmo dato de onte), mentres que no Hospital de Verín descenden e quédanse en 4 (2 menos que onte), segundo a última actualización da Consellería de Sanidade.

Por outra banda, no Hospital Universitario de Ourense son 128 os ingresos en planta e 14 en UCI (neste último caso todos de prognóstico grave). Hai tamén un ingreso en planta no CO.SA.GA.

Dos 1.307 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1.153 permanecen a seguemento a domicilio, 140 ingresados en planta e 14 en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia elévase a 1.730, con 317 altas e 106 falecementos (residencias e hospitais). Ademais na provinciar lévanse realizado 13.617 probas PCRs.

Os datos en Galicia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.856, deles 1.644 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.307 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 403 da de Ferrol, segundo Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 85 permanecen en UCI, 490 están en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.803 altas de pacientes e 519 falecementos o que sumado aos casos activos dá un total de 9.178 casos.
O número de PCR realizadas é de 85.690.
Os positivos nas residencias da terceira idade da provincia

Segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, hai 237 positivos (36 máis que onte) entre os usuarios e 105 (8 menos que onte) entre o persoal das residencias de maiores da provincia de Ourense.

No referente aos usuarios, a distribución de positivos é a seguinte por residencias:  33 en N. S. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 2 na Res. Hermanos Prieto (O Carballiño), 4 na Res. Castro Caldelas, 16 na Res. San Carlos (Celanova), 2 na Res. Pena da Sela (O Irixo), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Nogueira, 74 en N. S. de La Esperanza (Ourense), 38 na Res. S. José Hermanitas (Ourense), 29 na Res. Divino Maestro (Ourense), 31 na Res. Galisenior (Ourense), 2 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. N. S. dos Anxos (Ribadavia), 1 na Res.Monte Barrio (Riós) e 2 na Res. San Cosme (Rubiá).

O número de casos entre o persoal é o seguinte por centro: 16 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 1 en R.M. Autónomos (O Carballiño), 7 na Res. Castro Caldelas, 8 na Res. San Carlos (Celanova), 29 en N.S. da Esperanza (Ourense), 11 na Res. San José, Hermanitas (Ourense); 17 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 8 na Residencia Galisénior (Ourense), 3 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Maiores A Porqueira, 2 na Res. N.S. dos Anxos (Ribadavia), 1 na Res. Monte Barrio (Riós) e 1 na Res. de San Xoán Río.

Artigos relacionados

Back to top button