En portadaÚltima hora

O Hospital Valdeorras mantén 5 ingresos por Covid e o de Verín sobe a 11

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A 756 ascende a cifra de casos activos por coronavirus neste 29 de setembro na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade. Son 13 máis que onte. Dese total de pacientes, 64 están ingresados (6 na Unidade de Coidados Intenstivos) e 692 están a seguemento a domicilio.

No Hospital Universitario de Ourense hai 42 ingresos en planta (2 máis qu onte) e 6 (1 máis que onte) na UCI, o Hospital de Verín volve subir ata 11 ingresos en planta (2 máis que onte), mentres o Hospital de Valdeorras continúa con 5 ingresos en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 3.502, con 2.599 curados e 147 falecementos. Ata agora lévanse realizado un total de  58.951 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button
Close