EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Hostal La Viuda de Trives cociñaba galo de curral na Feira do Nadal de Vila de Cruces

Era un dos restaurantes que participaban na degustación deste produto, unha das actividades do programa da XIX Feira de Nadal do Galo de Curral que se celebraba este 22 de decembro nesta localidade

Entre os 16 restaurantes que participaban neste 22 de decembro na XIX Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces (Pontevedra) figuraba nesta edición o Hostal La Viuda da Pobra de Trives, da man de Ángel Fernández. A degustación que ofrecían era unha das propostas incluídas no programa do certame que tamen incluía outras actividades como o Galo Chef Infantil.

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron tamén nesta feira, onde destacaron a importancia de fomentar a produción agrogandeira de calidade para xerar crecemento económico e maiores rendas no rural galego. Tamén asistiron o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

 

Ángel Fernández, do Restaurante La Viuda de Trives, preparando a degustación.

Artigos relacionados

Back to top button