EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Hostal La Viuda de Trives decide pechar, por terceira vez, por seguridade fronte ao Covid

Toman a decisión tras o novo positivo detectado no municipio e as recomendacións feitas públicas polas autoridades sanitarias

Exterior do Hostal Restaurante La Viuda de Trives.

Logo da detección dun caso positivo de Covid en Trives, o Hostal La Viuda facía pública a súa decisión de pechar, por “terceira nesta terrible crise que estamos a atravesar” por motivos de seguridade.

“Houbo un novo brote na comarca e, seguindo as recomendacións, preferimos esperar a que todo se normalice. Non vos imos a negar que é unha situación complexa e moi preocupante. Con todo, cremos que a responsabilidade está por riba de calquera outra consideración. Por respecto á saúde dos nosos clientes, do noso equipo, dos nosos veciños e das nosas familias tomamos unha decisión que desexariamos non ter que tomar”, tal e como facía público a xerencia deste establecemento de hostalaría hai unhas horas a través das súas redes sociais.

Así mesmo, conclúen dicindo que “volveremos pronto, con máis ganas que nunca, para recibirvos sempre cun sorriso. Mentres tanto, coidádevos, sede responsables e lembrade que a nosa saúde, a nosa economía e a vida de moitos pobos e familias depende de como nos portemos cada un de nós. Moitas grazas pola vosa comprensión e o voso apoio”.

Fotos cedidas.

 

Os responsables do Hostal La Viuda, nunha imaxe tomada na cociña deste establecemento de hostalaría.

Artigos relacionados

Back to top button