EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Hotel Restaurante As Chairas da Veiga reabre as súas portas con instalacións renovadas

Situado fronte á Praia Fluvial dos Franceses (A Veiga), o Hotel Restautante As Chairas vén de reabrir as súas portas en maio despois duns meses nos que se realizaron unha serie de cambios e melloras nas súas instalacións para, dese xeito, ofertar máis calidade no servizo e comodidade aos seus clientes.

Destacan as reformas acometidas na zona de cafetería e comedor, totalmente renovada e cunha coidada decoración en pedra e madeira, realizada de xeito artesanal. Con ela logrou dárselle a este espazo un carácter moderno e moi acolledor. Tamén sobresae a súa terraza, cunhas espectaculares vistas do encoro de Prada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button