En portada

O hotel restaurante Calzada abre as portas en Valdeorras

O establecemento hostaleiro está ubicado en Arcos (Vilamartín)
Entrada ao recinto do hotel restaurante Calzada.
Entrada ao recinto do hotel restaurante Calzada.

A súa ubicación (R/ Calzada Nº 1) dá nome ao hotel restaurante que na mañá do 12 de febreiro de 2015, abría as portas ao público na localidade de Arcos (Vilamartín de Valdeorras).

En pleno val, moi preto da N-120, o hotel restaurante Calzada entra así a formar parte da oferta hostaleira da comarca de Valdeorras, coa atención ao cliente como obxectivo prioritario. “Trátase dun establecemento pequeno polo que pretendemos que o trato sexa o máis personalizado posible, tratando de que os clientes se sintan como na súa propia casa”. A que fala é Ana Mª Fernández Fernández, a xerente do local, que explica que están abertos a todo o que o público poda ir demandando “e na medida do posible tentaremos ofrecerllo”.

A xerente Ana Mª Fernández Fernández.
A xerente Ana Mª Fernández Fernández.
Parte da recepción do hotel.
Parte da recepción do hotel.
A cafetería.
A cafetería.

Nada máis entrar no establecemento, a calidez e a elegancia reciben ao cliente, cunha decoración coidada ata o máis mínimo detalle na que destacan a madeira e o cristal, nunha harmónica combinación de elementos que non deixa nada ao azar.

Na recepción (á dereita) predominan as cores cálidas como marrón e crema, mentres que a cafetería (a esquerda) está marcada polo negro, o branco e o burdeos, con servizo independente do hotel. “En canto o tempo o permita poremos terraza, así que pode achergarse todo aquel que o desexe, non só os hóspedes” explica a xerente. O mesmo sucede co restaurante con capacidade para uns 32 comensais e enfocado cara a comida tradicional e o máis caseira posible (postres incluídos). “Buscamos unha cociña de calidade e tentaremos ir ofertando menús con produtos da zona e de tempada. De feito este Domingo de Entroido teremos cocido, para o día de San Valentín un menú especial… Iremos adaptando os pratos á época e a datas concretas”.

Porta de acceso ao restaurante.
Porta de acceso ao restaurante.
Interior do restaurante.
Interior do restaurante.

Ademais, no establecemento celebraranse todo tipo de eventos especiais tanto familiares como de traballo con capacidade para moitas persoas, “temos uns bancais estupendos na parte de atrás para iso, ademais nun mes esperamos ter rematado un comedor con parrilla para preparar carne á brasa” puntualiza Ana.

Unha das habitacións.
Unha das habitacións.
Cada habitación ten unha decoración específica.
Cada habitación ten unha decoración específica.
Un dos dormitorios do segundo andar.
Un dos dormitorios do segundo andar.

Con respecto ao hotel, distribuídas en dous andares conta con 12 habitacións de tres niveis: suite, superior e estandar, individuais e dobres, todas con diferente decoración e completamente equipadas (mini bar, televisión, Wifi,…) “incluso temos unha con cama fixa de 1,80 e tamén para discapacitados, temos camas supletorias e ata berces” conclúe a xerente.

Para facer reservas ou interesarse polos servizos, pódese enviar unha mensaxe ao correo electrónico info@hotelcalzada.es ou chamar aos teléfonos: 888 04 00 12 ou 639 73 17 60.

Fachada principal do hotel restaurante Calzada.
Fachada principal do hotel restaurante Calzada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button