CulturaCultura

O humor de Faemino y Cansado no Auditorio Municipal de Ourense

Teatro, humor e música de cámara, actividades previas ao Magosto na cidade das Burgas
Os humoristas Faemino y Cansado.
Os humoristas Faemino y Cansado.

Tralo éxito do Samaín, con máis de 1.000 persoas participando nas diferentes actividades e a falta dunha semana para os magostos, unha das citas máis destacadas na cidade de Ourense, o Concello oferta diferentes propostas culturais para os vindeiros días, dende o teatro ata a música de cámara.

O Auditorio Municipal acollerá o xoves día 6 de novemberoás ás 20:30h. a obra “Palabras”, da compañía Hika Teatroa. Aquí poderemos coñecer a historia de tres mulleres, un home… e un neno. Todo un espectáculo que pola mañá terá un pase para escolares. O prezo das entradas é de 12 euros.

Un día máis tarde, o venres 7 de novemebro,a partires das 20:30h. os cómicos Faémino y Cansado farán as delicias do público co seu último traballo “Como en casa ni hablar”. Neste espectáculo os artistas utilizan 26 frases de contido hilarante para que a xente ría cantas máis veces mellor. As entradas pódense adquirir dende 20 euros.

E por último, o domingo 9 de novembro ás 12h. os máis pequenos teñen unha cita co espectáculo infantil “Ketkjas” da compañía Barafunda. Unha obra divertida que dará unha volta de rosca ás rutinas máis cotiás do baño. O aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, se o fai o pallaso Pico. Desde unha perspectiva escatolóxica chea de humor e tenrura.

E deixando de lado o teatro, a música de cámara regresa ao Teatro Principal co concerto do dueto formado polo tenor José Manuel Zapata e a guitarra de Juan Francisco Padilla. Ambos interpretarán pezas de, entre outros Manuel de Falla, Joaquín Rodrigo, Carlos Guastavino ou Manuel García. Será o xoves ás 20:30h.

Artigos relacionados

Back to top button