CulturaCulturaÚltima hora

O humor de Juan Muñoz, no Baranda

O monólogo do ex compoñente de Cruz Y Raya, será o sábado 21 de febreiro a partires das 23:30h

juanmiii

O primeiro sería David Amor, despois virían Manquiña, Vaquero e Carlos Blanco, e agora tócalle o turno ao humorista Juan Muñoz. O rubio de Cruz y Raya subirase ao escenario da sala Baranda o vindeiro sábado 21 de febreiro.

A partires das 23:30h. achegarase ao público do Barco de Valdeorras para presentar o seu novo espectáculo cómico, no que a través de diferentes personaxes fará rir aos asistentes.

As entradas están á venda en Ton y Son (4,99 euros) e na taquilla (7 euros).

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button