En portadaÚltima hora

O humorista Roberto Vilar, pregoeiro da Festa do Botelo do Barco

A cita gastronómica celebrarase o día 19 de xaneiro no Barco de Valdeorras e a mención de honra será para o Restaurante Fernando III

A menos de dúas semanas para a data, a Concellería de Cultura do Barco de Valdeorras desvelaba por fin o nome do pregoeiro desta edición da Festa do Botelo. Se o ano pasado era José María Rodríguez, un dos alma máter da festa quen abría o programa, nesta ocasión o encargado será o humorista e coñecido presentador da TVG Roberto Vilar, un personaxe alleo á vila e de novo vinculado ao mundo da televisión e do humor. Así o anunciaban o alcalde do Barco, Alfredo García, e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, este luns 7 de xaneiro en rolda de prensa.

Ademais dos seus papeis en series e de innumerables e famosas actuacións na época dos Tonechos, o dúo cómico co que se deu a coñecer na década dos 2000, o actor lucense Roberto Vilar ten o seus propios programas de variedades: Land Rober Tunai Show na TVG e La noche de Rober xunto a Silvia Abril en Antena 3. O programa na Galega valeulle un Mestre Mateo no 2010 como Mellor Comunicador.

 

O humorista galego Roberto Vilar. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A XIX Festa do Botelo do Barco celebrarase na fin de semana do 19 de xaneiro e será o acto do pregón con Roberto Vilar no Teatro Lauro Olmo, o que abra a programación en torno ao mediodía do sábado. O acto, que será presentado pola poetisa barquense Fátima Delgado incluirá a tradicional mención de honra, que este ano estará dedicada ao Restaurante Fernando III do Barco, e un apartado musical. O xantar, coma sempre, a partires das 14:30h. no pavillón de Calabagueiros.

O programa inclúe ademais actividades paralelas como a mostra artesanía e gastronomía.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/as-entradas-da-xix-festa-do-botelo-poranse-a-venda-o-12-de-xaneiro-a-partir-das-9-da-mana/

Artigos relacionados

Back to top button