DeportesÚltima hora

O I Campus Deportivo Vila de Viana celebrarase do 26 ao 30 de agosto

Pensado para nenos de entre 3 e 14 anos, contará entre outros, con adestradores de fútbol dos campus do R.C Celta de Vigo e do Real Club Deportivo da Coruña
Cartel do Campus Deportivo Vila de Viana.

Deportes máis coñecidos como fútbol ou baloncesto, pero tamén outros alternativos como rugbi, pádel, hóckey ou tenis. Son algunhas das disciplinas sobre as que xirará o I Campus Deportivo Vila de Viana que se celebrará do 26 ao 30 de agosto de 10 a 14h. nas instalacións municipais (campo de fútbol, pavillón, piscinas,….).

Dirixido por Alberto Fernández, director de actividades de tempo libre, adestrador de baloncesto e fútbol e técnico en animación deportiva, o campus conta coa colaboración do C.D. Viana, do Concello de Viana do Bolo e de Pinchacarneira Ocio e Animación, e está dirixido a nenos de 3 a 14 anos (nados entre 2005 e 2015). Organizados en grupos de idades, a idea é que “todos os días tivesen unha sesión de fútbol, unha sesión de baloncesto e unha sesión de deportes alternativos”, explican dende a organización.

Dende o propio campus adiantan tamén que nas diferentes actividades, contarían cun equipo técnico diario de “moito nivel” no que destacan adestradores de fútbol dos campus do R.C Celta de Vigo, do Real Club Deportivo da Coruña, así como adestradores do C.D. Barco. En baloncesto xogadores e técnicos do Club Ourense Baloncesto (COB), do Pavillón Ourense e do Muebles Victoria Barco. Ademais de “adestradores específicos dos diferentes deportes alternativos”, engaden.

Máis informacióne inscricións: pinchacarneiraviana@gmail.com

 

Artigos relacionados

Back to top button