CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O I Concurso “Cóntame un contiño” de Trives ten ganadores

Preto de 30 traballos presentábanse á primeira edición deste certame de contos curtos convocado polo Concello no marco das Letras Galegas

 

Un dos contos ganadores deste concurso literario de Trives.

De cerdeiras en flor, bicas e bicos, seres fantásticos, neve e montañas e moita, moita maxia falan as historias finalistas do I Concurso “Cóntame un contiño”, que se convocaba dende o Concello da Pobra de Trives con motivo das Letras Galegas. A este certame concorrían uns 30 traballos e agora veñen de facerse públicos os nomes dos títulos ganadores nas diferentes categorías.

Os contos que lograban unha maior puntuación por parte do xurado son os seguintes:

– De 14 anos en adiante: “Na terra das cereixas en flor”
– De 10 a 13 anos: “A fada e o trasno”
– De 6 a 9 anos: nesta categoría soamente se presentaron dous contos: “A bica máxica” e “Os nenos na neve de Trives”

O xurado do concurso estaba formado por Carmen Vivero González (profesora de galego do IES Xermán Ancochea Quevedo), Mª Dolores Ferro Diz (profesora de galego do IES Xermán Ancochea Quevedo), Manuel Antonio Millán Miranda (coordinador de equipo da Dinamización de Lingua Galega no CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso) e por Isabel González Fandiño (concelleira de Cultura no Concello da Pobra de Trives).

Artigos relacionados

Back to top button