Publicidade
ConcellosÚltima hora

O I Congreso Internacional do Aceite de Quiroga será virtual

Este evento, previsto para mañá 29 de maio, servirá para poñer en contacto a numerosos expertos co nexo común do Aceite de Oliva Virxe Extra de Quiroga

 

Unha videoconferencia con importantes entendidos do mundo do aceite substituirá ao I Congreso Internacional do Aceite de Quiroga, que se non fose pola pandemia do Covid-19, celebraríase estes días no noso municipio, como antesala da XX Mostra do Aceite de Quiroga. Será mañá venres día 29 de maio.

“O Concello de Quiroga non quixo deixar pasar esta época na que nos atopamos, coas oliveiras cheas de flor augurando unha boa colleita e o aceite da anterior colleita perfectamente decantado, para, en colaboración coa Delegación Territorial da Xunta de Galicia, organizar a maneira de poñer en contacto a todos os participantes deste congreso”, tal e como confirman dende esta administración local.

A historia e a cultura da oliveira na comarca, o rexistro de variedades, análises sensoriais e químicas, os beneficios do aceite de oliva virxe extra (AOVE) para a saúde e a elaboración e a comercialización do AOVE eran os temas a tratar neste I Congreso Internacional do Aceite de Quiroga.

Aínda así, esta videoconferencia non poderá acoller todo o previsto para levar a cabo nos dous días marcados para esta xuntanza, “pero si servirá para poñer en contacto a todos estes expertos co nexo común do Aceite de Oliva Virxe Extra de Quiroga”.

Participarán neste evento autoridades do mundo da medicina, profesores das Universidades de Córdoba e Xaén, técnicos da Consellería do Medio Rural e representantes das empresas oleicas Galpagro, Olearum, tiñan previsto reunirse en Quiroga para divulgar as singularidades do aceite de oliva de produción local.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o delegado territorial, José Manuel Balseiro, tamén participarán neste impulso ao aceite de Quiroga que segue agardando pola súa Denominación de Orixe.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close