En portadaÚltima hora

O I Festival da Comedia será o 30 de xullo no polideportivo municipal de Manzaneda

Mañá poranse á venda as entradas online para o 'Manzaneda Comedy' que contará cos humoristas Dani Fontecha, Xosé Touriñán e Duarte Galbán

El Pacto Rock Band.

 

Da man de La Ruina Producciones e co obxectivo de “ofrecer comedia de primeiro nivel no rural”, nace Manzaneda Comedy, un selo para ofrecer espectáculos de humor nesta localidade que presenta o primeiro Festival da Comedia. Un espectáculo de humor e música previsto inicialmente para o mes de decembro de 2021 e que tivo que aprazado polo aumento de casos de Covid.

Seis meses despois e coa pandemia xa controlada, a organización presenta a nova data e tamén o novo cartel. Será o 30 de xullo a partir das 12:30 horas no polideportivo municipal de Manzaneda e ante a imposibilidade de asistir pola data Luis Zahera, Manuel Manquiña e Marta Doviro (cabezas de cartel para o mes de decembro), contarán coa presenza doutros tres artistas de primeiro nivel: Dani Fontecha de El Hormiguero, Duarte Galbán da TVG e Xosé Touriñán.

O apartado musical correrá a cargo de El Pacto Rock Band, músicos profesionais como Javier Alzola saxofonista da banda Fito Fitopaldis. “Temos un dí completo con artistas de primer nivel, esperamos verbos a tod@s o vindeiro 30 de xullo en Manzaneda”, animan dende La Ruina Producciones.

 

 

O programa comezará en torno ás 12:30 horas coa apertura de portas e posterior actuación de Airiños da Porta Falsa. Ás 14 horas haberá un gran xantar popular (con menú adulto e infantil) e despois, en torno ás 18 horas actuarán os monologuistas. Ao remate, os asistentes poderanse fotografar cos artistas e o evento rematará coa actuación de El Pacto Rock Band e, xa de madrugada, DJ  Cabra.

O festival terá tres tipos de entradas anticipadas: comida + actuacións (35 euros), só as actuacións (20 euros) e nenos menores de 12 anos (8 euros). As entradas na xanela custarán 25 euros e serán só para as actuacións. Mañá poranse á venda nline en www.bcleverapp.com e tamén poderán mercarse nos seguintes puntos de venda: Bar Nevada, O Pendón e Hotel Estación de Montaña, en Manzaneda; Quintela e Sky, na Pobra de Trives; A Nosa Xente, en Castro Caldelas; Ton y Son e Despiste Café, no Barco de Valdeorras; A Cervecería, na Rúa; Restaurante A Nosa Casa, en Viana do Bolo; e Supermercado Itas, en San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button