OurenseÚltima hora

O I Trail Ourense Cidade Termal percorrerá este sábado 13 km por lugares emblemáticos da cidade

O Botánico de Montealegre, Mende, A Loña, As Burgas, a Catedral, o Auditorio ou a Ponte Vella son algúns dos puntos que percorrerá a carreira, que sairá ás 22h. dos Remedios

Presentación do I Trail Ourense Cidade Termal.

 

Ourense acollerá este sábado, 21 de setembro, desde as 22 horas, o I Trail Ourense Cidade Termal. Unha carreira competitiva que combinará un trazado aproveitando as especiais condicións da cidade, con costas, desniveis, e escaleiras, co percorrido polos montes cercanos á cidade e un paso especial polo Botánico de Montealegre. A presentación da carreira, na que xa hai uns 200 inscritos que reivindicarán ademais os desprazamentos a pé na Semana da Mobilidade, tiña lugar na mañá do 18 de setembro na sala de xuntas do Pavillón dos Remedios por parte dos organizadores, Asociación deportiva Club Box001 RunManiak Ourense e RunManiak e entidades colaboradoras, entre elas o Concello de Ourense, representado polo tenente de alcalde, Jorge Pumar e o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

A carreira terá un percorrido de 13 km. que combinan trazado urbano con trazado de monte, con saída nos aledaños do pavillón dos Remedios e meta desde as 23h. na Ponte Vella. A ruta ofrecerá a oportunidade de pasar por lugares como o Botánico, Montealegre, Mende, A Loña, As Burgas, a Catedral, o Auditorio ou a Ponte Vella, de noite, e servirá para “poñer en valor a riqueza dos montes que circundan a cidade, repletos de sendas e camiños para percorrer correndo, andando ou en bici”, podendo desfrutar dunha das mellores vistas nocturnas da cidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button