CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Carlos Casares de Viana asina un convenio de cooperación internacional en mediación escolar

Trátase dun proxecto avalado pola UNESCO e no que este centro se erixe como a única institución fundadora galega e española
Acto de sinatura do convenio no IES Carlos Casares de Viana do Bolo.
Acto de sinatura do convenio no IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

As instalacións do IES Carlos Casares de Viana do Bolo convertíanse en escenario do acto de sinatura dun convenio de Cooperación Internacional en Mediación Escolar, no ámbito da Escola de Mediación Xesus R. Jares.

O acordo ratificábano Luis Fernández, como rector do Centro Cultural e Educativo Español Reis Católicos de Bogotá, co apoio da Embaixada de España en Colombia; Víctor Fiorino, representando á Universidade Católica de Colombia e ao Observatorio Rexional para a Responsabilidade Social en América Latina e o Caribe; Susana Fernández, como concelleira de Viana do Bolo, e Carlos Ferreiro, director do IES Carlos Casares.

Tal e como se adianta dentro o centro educativo vianés, en Colombia refrendará tamén os documentos Daniel Michaels, da Fundación Área Andina. Este proxecto está avalado pola UNESCO e nel o instituto vianés “eríxese como a única institución fundadora galega e española”, tal e como se destaca dende o IES Carlos Casares. Este convenio ten como obxectivo xeral “promover e desenvolver unha cultura de paz en todos os niveis da sociedade, comenzando pola escola, e involucrando a todos os actores sociais, baixo un enfoque de cooperación e solidaridade”.

Foto cedida polo IES Carlos Casares.

Artigos relacionados

Back to top button