CulturaCulturaEducación

O IES Carlos Casares de Viana recibe a Placa Universal da Paz e a non Violencia

Unha acción conxunta co Centro Cultural e Educativo Español Reyes Católicos de Bogotá (Colombia) levouno a conseguir o recoñecemento
Obradoiro de mediación escolar en Venta de Cajibío (Colombia), realizado en setembro de 2017.

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo e o Centro Cultural e Educativo Español Reyes Católicos de Bogotá (dependente da Embaixada de España en Colombia), veñen de ser recoñecidos polas fundacións Humanizar la Tierra e Mundo sin Guerra y sin Violencia coa Placa Universal da Paz e a non Violencia, un recoñecemento que se entrega a aquelas institucións, a nivel mundial, que se “distinguen pola súa constante actividade a prol do ideal supremo da Paz”.

Trátase dun recoñecemento á rede de mediación escolar Xesús R. Jares, promovida dende o CCEE Reyes Católicos en Colombia e dende o IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Desde 2012, liderado polo anterior rector Luis Fernández López, o CCEE Reyes Católicos impulsou en Colombia e outros países da rexión (Costa Rica, México, Ecuador, Bolivia) a Escola de Mediación Xesús Rodríguez Jares, formando dende o voluntariado a xoves, docentes e familias de colexios e universidades como mediadores de Paz, de xeito que a nova sociedade se responsabilice e teña as ferramentas para a resolución pacífica dos seus conflitos.

O actual rector do CCEE Reyes Católicos, Julio Manuel Pérez Fraile, recibirá a placa na Case del Valle de Bogotá, o vindeiro sábado 1 de setembro de 2018.

Artigos relacionados

Back to top button