CulturaEducaciónSen categorizarÚltima hora

O IES Carlos Casares, premiado nun concurso de programación informática

Catro alumnos do centro vianés gañaron o 2º premio no certame “Scratch Galicia Aprendo Programando” por un xogo baseado no Camiño de Santiago
Os alumnos do IES Carlos Casares premiados.
Os alumnos do IES Carlos Casares premiados.

Na mañá do sábado 25 de xuño, catro alumnos de 1º de ESO do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, recibían o 2º premio na categoría de Educación Secundaria no concurso “Scratch Galicia Aprendo Programando” enmarcado no Plan Proxecta da Consellería de Educación.

Gael Ferreiro, Tania RodrÍguez, Yoel Rodríguez e Alejandro García, dirixidos polo titor e profesor de Matemáticas, Juan López, “deseñaron un xogo interactivo a partires de destrezas de programación informática, baseado nun percorrido polo Camino de Santiago, que concluía, tras superar probas de habilidade, coa chegada á Catedral”, explican dende o centro educativo.

Asistentes á entrega de premios celebrada en Santiago.
Asistentes á entrega de premios celebrada en Santiago.

A entrega de permios tiña lugar nun acto celebrado no Auditorio de El Corte Inglés en Santiago de Compostela e “supón un pulo á promoción do uso didáctico das TIC que o centro vianés leva desenvolvendo nos últimos anos”, puntualiza o director, Carlos Ferreiro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button