CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O IES Cosme López da Rúa, un dos 7 centros galegos que acolle o Programa Ada Formación TIC

Alumnos de 1º da ESO participaron no obradoiro para promover a igualdade nos estudos relacionados coa tecnoloxía

Aínda hai moi poucas mulleres especializadas no ámbito tecnolóxico, por iso co obxectivo de promover o interese das nenas, e do alumnado en xeral, nas ramas do estudo relacionadas con esta materia, o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, impulsa o programa ADA Formación TIC no ámbito educativo, impartido obradoiros en sete centros educativos de toda Galicia.

Un deles é o IES Cosme López Rodríguez da Rúa (que durante este curso académico participa no programa Donas de Si, do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) cuxos alumnos de 1º de ESO asistían a unha interesante e práctica xornada na mañá do 25 de maio.

O programa propón a vida da matemática británica do século XIX, Ada Byron, como fío condutor para desenvolver unha serie de actividades, que se basearán na experimentación, o diálogo e a creatividade, de modo que o alumnado poida comprender cuestións básicas da tecnoloxía e ser protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe. De 8:30 a 13:20h. os mozos traballaron diferentes módulos: creación de máquinas; a linguaxe da máquinas; a información como materia prima; como se alimenta de información a unha máquina; procesando a información; e obtención de resultados sorprendentes. Ademais a través de Skype tiveron a oportunidade de falar coa tecnóloga María Elena Vázquez, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, que exerceu como referente feminino do mundo da tecnoloxía, transmitindo aos participantes a súa experiencia.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button