CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Cosme López da Rúa, un dos premiados na XVI edición de “Consumópolis”

O certame escolar premia as iniciativas de consumo responsable

Entrada ao IES Cosme López da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Xunta vén de resolver os premios da 16ª edición de Consumópolis, un certame escolar no que un total de cinco centros educativos galegos lograron recoñecementos dentro das tres categorías que establece a iniciativa, entre eles o IES Cosme López Rodríguez da Rúa.

Este concurso, no que este ano participaron un total de 572 alumnos e alumnas, levou por título Consumópolis-16: Coida o teu planeta cun consumo + responsable, atréveste? O seu obxectivo principal baseouse no fomento dun consumo responsable entre os máis novos, a través dun percorrido pola cidade virtual de Consumópolis. Os equipos deberon estar formados por cinco alumnos ou alumnas respectando a paridade e cada equipo tivo que elaborar unha memoria do seu paso polo concurso ao remate das probas virtuais.

Oos estudantes do IES Cosme López Rodríguez, da Rúa, recibían o segundo premio na categoría dirixida ao alumnado de 3º e 4º curso de ESO ou de Formación Profesional Básica, valorado en 600 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button