A RúaConcellosÚltima hora

O IES Cosme López Rodríguez da Rúa implanta un novo ciclo de FP de “Sistemas microinformáticos e redes”

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 24 de xuño ao 2 de xullo

O IES Cosme López Rodríguez da Rúa implantará para o vindeiro curso 2020/21 o ciclo medio de FP “Sistemas microinformáticos e redes”. O prazo de presentación de solicitudes de admisión será dende o 24 de xuño ao 2 de xullo.

 

Entrada do IES Cosme López Rodríguez.

 

Así, o prazo da 1ª adxudicación de matrícula será do 16 ao 23 de xullo. A dirección do IES Cosme López Rodríguez transmiten a súa satisfacción tras conseguir a implantación destas ensinanzas, “coas que se amplía a oferta formativa na comarca, e que permite a formación dos alumnos nunha área tecnolóxica que na actualidade conta con importantes saídas profesionais”.

Artigos relacionados

Back to top button