CulturaEducaciónÚltima hora

O IES de Maceda, no programa Eduemprende Atrévete

A primeira parte da visita desenvolveuse na Aula de Emprendimiento de la Asociación de Empresarios del Polígono de San Cibrao
Os estudantes do IES Maceda, durante a visita.
Os estudantes do IES Maceda, durante a visita.

Un grupo de 58 estudantes do IES Maceda, acompañados por profesores, participaban o 21 de marzo no programa EDUEMPRENDE ATRÉVETE, que promove a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Primeiro visitaban a Aula de Emprendimiento da citada entidade empresarial, un servizo pionero que se estrutura en oito áreas e que permite familiarizarse con diferentes aspectos da actividade empresarial, como é o caso das canales de proveedores e clientes, a fabricación, os puntos de venta, os recursos humanos ou a financiación, entre outros.

De seguido, os estudantes foron recibidos polo xerente da empresa Posada Marrón Glacé, cuxas instalacións están na rúa 6 do Polígono de San Cibrao. Alí recibiron explicacións sobre o proceso de transformación da castaña e sobre a diversificación e o carácter innovador desta empresa ourensá na súa permanente búsqueda de valor engadido para un dos produtos que mellor sintetiza a historia, o presente e o futuro da gastronomía desta provincia.

Foto: cedida pola Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button