ConcellosO BarcoQuirogaTrives

O IES de Trives quédase nun só positivo de Covid, mentres os centros do Barco seguen con 6

Ademais, o CEIP do Bolo, que ata agora tiña un caso activo, queda libre de virus

Exterior do IES Xermán Ancochea de Trives.

 

Repítense as cifras de casos activos nos centros educativos do Barco: un total de seis, segundo os datos comunicados neste 4 de novembro pola Xunta. Así o IES Martaguisela ten 1 positivo, a Escola Infantil Los Juglares mantén 3 positivos, o CEIP Julio Gurriarán 1 e o IES Lauro Olmo 1.

Por outra banda, desaparece do listado o CEIP do Bolo, que tiña un positivo, quedando deste xeito libre de virus.

Ademais, o IES Xermán Ancochea de Trives rexistra 1, positivo, un menos que onte.

Finamente, o IES de Quiroga continúa con dous casos activos de Covid.

Artigos relacionados

Back to top button