CulturaCulturaEntroido 2021Última horaVídeos

O IES García-Barbón de Verín pide nun vídeo “sentidiño” para homenaxear ao “Mellor Entroido do Mundo”

 

“Somos o Mellor Entroido do Mundo!”. Baixo este lema o alumnado do IES García-Barbón vén de realizar un chamamento á poboación da comarca de Verín para celebrar, desde a casa, un Entroido excepcional con seguridade e responsabilidade. Xuntan as súas voces para pedir a colaboración cidadá a través do seguinte chamamento.

“Cada tarde, durante a semana do Entroido ás oito saímos ás ventás e aos balcóns para aplaudirmos, esta vez, para facermos homenaxe ao Mellor Entroido do mundo! Todos os cigarróns e peliqueiros que temos as chocas na casa poñémolas ás oito da tarde e saímos aos balcóns a facer o estrondo do Entroido e non se fale máis…!”, din dende este centro educativo.

Ademais, dende o IES García-Barbón de Verín insisten en que este ano o Entroido queda “na casa para festexalo desde alí e demostrar que é o mellor do mundo, para manter as medidas sanitarias e para apelar á responsabilidade cidadá nesta situación de pandemia”.

 

Artigos relacionados

Back to top button