CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O IES Lauro Olmo celebra o Día do Libro cun roteiro literario polo Barco

Alumnos de 2º e 3º da ESO participaron na actividade na que tamén conmemoraron o 400 aniversario de Cervantes

Rosalía de Castro, Castelao, Lauro Olmo, Florencio Delgado Gurriarán, Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro,… Son algunhas das figuras da literatura galega con referencias nas rúas do Barco de Valdeorras e que na mañá do 21 de abril protagonizaban un roteiro literario da man do IES Lauro Olmo.

Para conmemorar o Día do Libro e o 400 aniversario de Miguel de Cervantes, distribuídos por grupos, alumnos de 2º e 3º da ESO do instituto barquense leron en público nas ruas e espazos adicadas a estes personaxes da literatura galega e tamén española. Ademais, colocaron placas e reseñas sobre a vida e obra de cada autor baixo o nome da rúa. Despois, os diferentes grupos xuntáronse no palco da música da praza Andrés de Prada para ler fragmentos da obra de Cervantes.

Como complemento á actividade, o centro escolar acolleu unha exposición de debuxos sobre Cervantes e a súa obra así como un mercadiño de libros usados.

Fotos: Mónica G. Bellver /Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button