CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras inaugura a súa nova biblioteca

O acto enmárcase na celebración do Día da Biblioteca, cun programa de actividades para todo o centro

 

Un espazo amplo, moderno e cheo de luz. Así é a nova bibliteca do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras cuxa inauguración ten lugar hoxe, 24 de outubro, coincidindo coa celebración do Día da Biblioteca. Por iso, o centro organizou unha serie de actividades para todos os alumnos que se desenvolven na propia sala da lectura e consulta, pero tamén noutros espazos do instituto como o Salón de Actos ou o patio.

Ao longo da mañá, dende as 10:30 horas sucedéronse as actividades. Lecturas en grupo e de forma individual, recitado de poesías, actuacións musicais a cargo de estudantes do centro, proxección do documental sobre Os Escarvadores e a arqueoloxía en Valdeorras, exposicións, reportaxe fotográfico e videográfico de todo o evento, contacontos, experimentos,…

Ademais, pola tarde, a partir das 19:30h. haberá unha recepción das familias e proxectarase de novo o documental, elaborado por alumnos do IES Lauro Olmo do Barco e do IES Cosme López da Rúa.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button