En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O IES Lauro Olmo do Barco réndese á poesía galega

O alumnado de 4º da ESO e o profesorado veñen de presentar o libro “O que colle nun poema”, unha antoloxía de poesía galega contemporánea

Versos propios e outros recompilados de terras lonxanas. Neste curso o alumnado de 4º da ESO e o profesorado do IES Lauro Olmo do Barco traballaban nun proxecto para editar un poemario que acaba de ver á luz. Presentábase neste martes 18 de xuño na biblioteca deste centro de ensino coa participación de estudantes e tamén de profesores.

O libro leva por título “O que colle nun poema” e constitúe unha antoloxía de poesía galega contemporánea, de creación propia e algúns de terras lonxanas. Eran os propios alumnos do proxecto os que lían unha escolma dalgúns dos poemas incluídos na obra ante os seus compañeiros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button