CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O IES Lauro Olmo e Asfaval poñen en marcha un proxecto de colaboración no departamento de Imaxe Persoal

Membros da asociación foron peiteados polos alumnos do instituto na primeira das sesións da alianza

Os alumnos de 1º e 2º de Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo tiveron hoxe, 12 de decembro, uns modelos moi especiais na súa clase práctica. Baixo a supervisión das profesoras, Lorena e Patricia, oito membros de Asfaval eran especialmente peiteados (a algúns incluso lles fixeron a manicura e os maquillaron) polos estudantes, na que foi a primeira sesión dunha alianza entre o instituto barquense e a Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras.

Tal como expican dende o centro, hoxe foi un día especial a modo de inauguración, por iso había doces que levaron os propios alumnos e a clase estaba elegantemente decorada. “Levamos dúas semanas traballando, preparando a decoración e os adornos para o cabelo e abalorios que hoxe lles puxemos aos rapaces de Asfaval (pinzas con forma de estrela, coroa e mesmo árbore de Nadal, paxariñas,…)”, explica unha das profesoras. Con todo, a idea é manter a iniciativa durante todo o curso para corte, peiteado, manicura,… podendo ademais asistir xente allea ao colectivo que así o desexe “pedindo cita”, puntualizan.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button