CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Lauro Olmo recibe 4 motores da Fundación Renault para a Mobilidade Sostible

No instituto barquense impártese, entre outros, o Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos
Acto de entrega dos motores en Ourense.
Acto de entrega dos motores en Ourense.

Na tarde do 21 de xuño, o concesionario Renault y Dacia Luis Aragonés de Ourense, facía entrega de catro motores que a Fundación Renault para a Mobilidade Sostible dona ao IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, un centro no que se imparte, entre outros, o Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos. No acto estiveron presentes Jose Antonio Mallo e Jesús Grandío (IES Lauro Olmo); Olga Álvarez Escudero (delegada comercial posventa Renault España); e Gerardo Aragonés e Luis Aragonés (Luis Aragonés y Cía.,S.L.).

Tal como explican dende o concesionario de Ourense, a Fundación Renault para a Mobilidade Sostible ten como fin colaborar na aplicación práctica do compromiso coa responsabilidade social de Renault en España, desenvolvendo principalmente actividades de fomento, divulgación, cooperación técnica e formación dirixidas á sociedade en xeral en ámbitos como o da educación.

Artigos relacionados

Back to top button