CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Martaguisela acollerá en febreiro aos participantes no programa Erasmus + (KA229)

Ata O Barco de Valdeorras achegaranse alumnos e profesores de Grecia, Croacia, Rumanía, Polonia e La Martinica

Alumnos do IES Martaguisela durante a visita a Grecia. /Foto cedida.

 

O Erasmus + (KA229) chega a Valdeorras. A comezos de febreiro, do 3 ao 7, o IES Martaguisela do Barco acollerá aos socios participantes no programa. Tal como explican dende o centro, ata a localidade valdeorresa deprazarase un total de 27 persoas entre profesores e alumnos de Grecia, Croacia, Romanía, Polonia e La Martinica, os países que participan no proxecto xunto a España (os alumnos convivirán coas familias do alumnado do insituto do Barco).

As actividades programadas durante esa semana comezarán o luns cunha visita pola vila e a recepción no Concello ás 12:30. O martes a comitiva desprazarase ata Santiago de Compostela para visitar a Catedral, especialmente o Pórtico da Gloria (o Martaguisela elabora unha exposición sobre instrumentos musicais do Pórtico elaborados polos alumnos que poderá verse no centro). Entre as actividades propostas tamén está a visita ás Médulas e ao Castelo Templario de Ponferrada. Ademais, o venres exporanse no instituto mostras da cultura galega como traxes rexionais, exhibición de palilleiras, baile de muiñeira e música.

O IES Martaguisela está inmerso no programa relativo ás Dimensións do Patrimonio Cultural Europeo (D.E.C.H.) cunha duración de dous anos escolares. Trátase dun proxecto avalado pola Unión Europea e a axencia nacional SEPIE que no centro barquense coordina Rose Deus.

 

Artigos relacionados

Back to top button