CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosSen categorizar

O IES Martaguisela despide ao alumnado de segundo de Bacharelato

O salón de actos deste instituto barquense acollía un acto moi emotivo no que participaba toda a comunidade educativa

O IES Martaguisela celebraba na tarde do 29 de maio unha emocionante despedida dos 47 alumnos de 2º de Bacharelato que o vindeiro curso xa non estarán no centro. Ao longo de case dúas horas no escenario do salón de actos houbo actuacións musicais, proxeccións de videos con imaxes dos estudantes e tamén unha entrega de diplomas a cada un deles.

Xa na parte final do acto, que foi presentado polo profesor Manuel Agra, o director do centro dirixiu unhas palabras aos alumnos e agredeceu de forma especial a colaboración prestada para a montaxe da celebración por parte dun alumanos, Carlos. De seguido, os estudantes subíanse ao escenario para facer unha fotografía de grupo e cantar xuntos.

Esta despedida concluía cunha cea de estudantes e profesorado.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button