CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Martaguisela do Barco despide a Mirita Moreta e Domingo Rodríguez pola súa xubilación

O xantar oficial será no mes de setembro

Publicidade

 

Remata o curso e chega o momento das despedidas. Especialmente sentidas eran as que na mañá deste 30 de xuño, brindaban no IES Martaguisela do Barco de Valdeorras a dous dos seus compañeiros: Mirita Moreta, profesora de Xeografía e Historia e secretaria do instituto e a Domingo Rodríguez, profesor de matemáticas.

 

Mirita e Domingo diante do mural pintado hai unhas semanas polo artista urbano Diego As.

 

Tras unha longa etapa laboral no centro barquense, a Mirita, natural de Petín, e a Domingo, de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras), chegoulle o momento da xubilación e hoxe eran homenaxeados polos seus compañeiros e amigos. Houbo pinchos, agasallos e como non palabras emotivas a modo de despedida do curso escolar, quedando o xantar oficial de despedida pendente para o mes de setembro.

 

Foto de familia.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button