CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Martaguisela do Barco está inmerso nun novo proxecto europeo

Participa, xunto a centros de Croacia, Romanía, Francia e Grecia, nun programa do Erasmus + sobre patrimonio cultural

Entrada do IES Martaguisela no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

O Instituto de Educación Secundaria Martaguisela, do Barco de Valdeorras, está inmerso nun novo proxecto europeo. Desta volta trátase do programa KA229 do Erasmus + relativo ás Dimensións do Patrimonio Cultural Europeo (DECH), avalado pola Unión Europea e a axencia nacional SEPIE, que terá unha duración de dous cursos.

Polonia é nesta ocasión o país coordinador estando España entre os socios colaboradores, ademais de Croacia, Romanía, Francia (La Martinica) e Grecia. E foi este último país quen acollía a primeira acción, desenvolvida na localidade de Peta (Arta). Tal como informan dende o centro barquense, ata alí se desprazaron dous profesores “para coñecer aos socios colaboradores e poñer en marcha este programa de difusión da cultura de cada país”. Nesta primera reunión, de toma de contacto, presentáronse os colexios participantes así como a imaxe corporativa sobre a que estiveron traballando os alumnos de cada país. “A votación final será realizada en cada país e o logo seleccionado será representativo de todo o procecto”, explican dende O Barco.

Durante a estancia en Peta, ademais de traballar sobre o programa, realizaron unha visita ao Parque Natural Amurakikos para “observar a biodiversidade e aves da zona”, así como a cidade de Arta “coa súa famosa ponte e igrexa, puntualizan dende o IES Martaguisela facendo fincapé na importancia de participar neste tipo de proxectos que “constitúen unha forma de trasladar o noso patrimonio fóra das nosas fronteiras e facer a outras persoas partícipes dea nosa riqueza cultural”.

Artigos relacionados

Back to top button