ConcellosO BarcoÚltima hora

O IES Martaguisela do Barco estrea o curso 2021/2022 entre medidas de seguridade

 

Tamén no IES Martaguisela do Barco a volta ás clases tralas vacacións de verán, estaba marcada un ano máis polo protocolo establecido fronte ao Covid. O alumnado comezaba a acceder ao centro educativo dende as 8:30 horas, de forma escalonada e con mascarilla, respectando xa dende o exterior as distancias de seguridade.

Unha vez no patio, os estudantes de cada clase eran chamados por orde de lista e ían accedendo a cadansúa clase. Neste primeiro día de clase tampouco os nervios e algúns pais acudían tamén ao centro para acompañar aos seus fillos.

Fotos: Carlos G. Hevella.

Artigos relacionados

Back to top button