En portadaÚltima hora

O IES Martaguisela do Barco estrea o curso entre medidas de seguridade

 

A volta ás clases despois de seis meses, estaba tamén marcada no IES Martaguisela do Barco polo protocolo establecido fronte ao Covid. A partir das 8:30h. o seu alumnado de 1º e 2º da ESO comezaba a acceder, de forma escalonada e con mascarilla, a este centro educativo, respectando xa dende o exterior as distancias de seguridade.

Os estudantes de cada clase eran chamados por orde de lista e ían accedendo a cadansúa clase. Neste primeiro día de clase, tan atípico non faltaban tampouco os nervios e algúns pais acudían tamén ao centro para acompañar aos seus fillos, iso si, respectando tamén as distancias de seguridade.

Fotos: Carlos G. Hevella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close