CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Martaguisela do Barco, único centro galego no II “Congreso de Jóvenes Expertos” en ciencia

Carlota Delgado González, Raúl Álvarez dos Santos e Matheus Pereira Lima falaron sobre o impacto do CO2

 

Co obxectivo de achegar e promover a cultura científica entre os alumnos de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos, nacía o ano pasado o “Congreso de Jóvenes Expertos” do Museo da Enerxía (Ponferrada, León), de edición anual en datas próximas á conmemoración do Día Mundial da Enerxía, que se celebra cada 14 de febreiro.

Así, na xornada deste venres 12 de febreiro tiña lugar a II edición, en formato online debido ás restricións impostas polas autoridades sanitarias, con 14 relatorios que abordaron o cambio climático dende diferentes perspectivas como a historia, a tecnoloxía, os dereitos humanos ou a biodiversidade, da man de alumnos de catro colexios, entre eles o IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, o único centro galego.

A ponencia inaugural do congreso correu a cargo do director executivo de Greenpeace España, Mario Rodríguez, e o turno de intervención para os alumnos do Martaguisela chegaba ás 10:10 horas. Por videoconferencia dende o salón de actos do centro barquense, Carlota Delgado González, Raúl Álvarez dos Santos e Matheus Pereira Lima falaron sobre o almacenamento do CO2, nunha brillante exposición titulada “A viaxe do CO2 é cousa de todos”.

Fotos cedidas

 

Artigos relacionados

Back to top button