CulturaEducaciónÚltima hora

O IES Xermán Ancochea de Trives finalista nun proxecto empresarial

Catro alumnos do centro trivés logran o 3º e 9º posto no concurso de carácter nacional “Simulador de empresas”, organizado por Junior Achievement
Alumnos triveses premiados, co seu profesor.
Alumnos triveses premiados, co seu profesor.

Sara Pérez, Laura Álvarez, Eva Domínguez e Adrián Prieto, alumnos de 1º e 2º de Bacharelato na modalidade de Ciencias Sociais, no IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives, conseguían dous meritorios postos no concurso “Simulador de empresas” organizado pola fundación Junior Achievement para ilustrar o funcionamiento das decisións propias do mundo dos negocios na vida real, no que participaron institutos de toda España.

O proxecto, no que os alumnos de Economía do centro trivés fixeron o papel de directores estratéxicos dunhas fábricas contextualizadas no futuro, comezaba no mes de novembro de 2013 e remataba a comezos de marzo de 2014.

Os estudantes, orientados polo profesor Carlos Ferreiro, dividíronse en dous grupos. O primero “Tricalde” formado por Sara e Laura conseguía chegar á final logrando o 3º posto. O segundo equipo “Triveses” formado por Eva e Adrián, lograban o 9º posto.

Foto: Carlos G. Hervella

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button